Para seguir vendo a TVG e G2 é necesario resintonizar o televisor e facer cambios nas antenas colectivas.
Aquí explicamos os prazos, as zonas, como facelo e por que se fai!

RESINTONIZA

A adaptación das instalacións de recepción da TDT ao chamado Segundo Dividendo Dixital está desprazando en todo o país as canles de televisión para permitir o despregamento das redes 5G. Isto afecta a concellos das catro provincias galegas e varias canles de televisión. As modificacións técnicas e resintonizacións teñen que facerse antes de febreiro nalgúns lugares, e antes do 30 de xuño nas provincias de Ourense e Pontevedra. Ata entón, as dúas canles de Televisión de Galicia emitirán simultaneamente a través das novas frecuencias HD e das antigas. 

Para seguir vendo a TVG e a G2 é preciso facer o seguinte:

Cambios nas instalacións das antenas comunitarias e resintonizar os televisores

Se vives nunha casa con instalación individual, non terás que facer ningunha modificación técnica, só debes resintonizar o televisor cando fagan o cambio de frecuencias na túa área.  Ao resintonizar, busca as canles da TVG que emiten en alta definición, o que se distingue polas letras HD ao carón do G na pantalla. 

En caso de comunidades de veciños, os cambios teñen que ser feitos por un instalador/a autorizado/a na central programable ou nos amplificadores monocanles, dependendo do sistema que haxa. Non afecta a antena colectiva nin os cablesLogo, haberá que resintonizar o televisor. O reaxuste de frecuencias implica un breve corte no sinal, duns 15 ou 20 minutos aproximadamente, tras o que haberá que efectuar a resintonización.

Axudas económicas para as modificacións das antenas comunitarias

O Goberno de España dispón de 145 millóns de euros, que xestiona a empresa pública Red.es, para axudar a compensar o custo da adaptación en cada edificio. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de setembro de 2020, unha vez feita a adaptación das instalacións de recepción do sinal de TDT.

As axudas oscilan entre os 104 e 677 euros, en función dos casos, e será necesario presentar a factura e o boletín de instalación, xa que só se xestionarán axudas para as actuacións feitas por empresas instaladoras do Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD).

Áreas afectadas en Galicia

Os concellos afectados ata agora na provincia de Lugo son: Mondoñedo, Lourenzá, Riotorto, O Valadouro, Alfoz, A Pontenova, Baralla, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Friol, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Cervantes, A Pastoriza, Meira, Castro de Rei, Cospeito, Pol e Ribeira de Piquín.

Os municipios da provincia da Coruña afectados ata agora son: Lousame, Porto do Son, e Fisterra.

En Pontevedra están activadas as emisións simultáneas en 10 estacións: Domaio, Pontevedra, Lavadores, Cangas, Nigrán, Lalín, Tui, Meis, Xiabre e A Curota. Os concellos afectados son: Arbo, Lama (A),Barro, Marín, Baiona, Meaño, Bueu, Meis, Caldas de Reis, Moaña, Cambados, Mondariz, Campo Lameiro,  Mondariz-Balneario, Cangas, Moraña, Cañiza (A), Mos, Catoira, Neves (As), Covelo, Nigrán, Crecente, Oia, Cuntis, Pazos de Borbén, Estrada (A), Pontevedra, Forcarei, Porriño (O), Fornelos de Montes,  Portas, Gondomar,  Poio, Grove (O),  Ponteareas, Guarda (A), Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela,  Ribadumia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, (A)Cerdedo-Cotobade.

Nos repetidores da provincia Ourense os concellos afectados son: O Barco de Valdeorras, A Rúa , A Pobra de Trives, Vilamartín de Valdeorras, Petín, Larouco, Allariz, A Bola, Cartelle, O Carballiño, Ribadavia, Castrelo de Miño, Leiro, Melón e Beade, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Boborás, Carballeda de Avia, Carballedo, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Esgos, Maceda, Maside, A Merca, Montederramo, Paderne de Allariz, Pantón, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Brollón, Ramirás, San Amaro, San Cristovo de Cea, Sarreaus, O Saviñao, Sober, Taboada, Taboadela, Vilamarín, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Verín, Monterrei, Riós, Oímbra. Vilardevós, Baltar, Castrelo do Val, Cualedro, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia , Rairiz de Veiga, Sandiás, Trasmirás, Vilar de Santos, Os Blancos, Chandrexa de Queixa e Nogueira de Ramuín.

Proximamente actualizarase a información doutras zonas de Galicia

Máis información: www.televisiondigital.es – Teléfonos: 901 201 004 e 910 889 879

Cando resintonices asegúrate de que a TVG e a G2 están en HD (Alta Definición)

Que supón a alta definición (ou HD)?

A HD ou alta definición implica unha maior resolución de imaxe e son, moi superior á definición estándar (SD), o que se traduce nunha maior calidade, proporcionando imaxes excepcionalmente detalladas e nítidas, con gran riqueza de cores.

E se estou fóra de Galicia?

Fóra de Galicia, a Galega vese a través de plataformas dixitais, e delas depende a calidade da emisión.

Tamén se verá a G2 en HD?

Si. A CRTVG vai emitir nas súas dúas canles en HD, desde o 26 de marzo. Vai ser a única televisión con máis dunha canle en España que as emite todas nesta calidade.

Hai que que cambiar de televisor?

Se o televisor está preparado para HD, non. Se non o está, poderase ver igualmente a Galega en SD (standard definition), coma ata agora.

Como se fai para ver as canles en HD?

Nos aparatos compatibles con HD, o televisor detectará as novas canles e nese momento haberá que facer unha actualización da lista de canles, diferente en función da marca do televisor. Logo, xa se poderán reordenar as canles para colocar a Galega HD onde antes estaba a canle en SD.

Hai que cambiar a antena?

Non. A antena non afecta a aparición das canles en HD no televisor.

E se non teño ningún dispositivo de alta definición?

A Galega seguirá tamén emitindo nas súas dúas canles en SD (standard definition).

Ademais da mellor calidade de imaxe, hai algunha vantaxe máis?

A HD supón tamén unha mellora na calidade de son.

E se vexo a TVG a través dunha plataforma dixital?

A actualización das canles nas diferentes plataformas é automática. A calidade da emisión da TVG que chegue a súa pantalla depende do servizo que dea cada unha das plataformas, non da TVG.

Información para TVG Europa en HD

Para recibir o sinal da canle pública galega en Europa a maior resolución de imaxe e son, os usuarios deben resintonizar o receptor de satélite, sen necesidade de reorientar as antenas.

Pola súa parte, a Radio Galega e Radio Galega Música tamén se escoitarán en Europa desde o 1 de febreiro a través do satélite Astra. Cómpre salientar que, ata o de agora, as emisións da emisora pública galega só chegaban por satélite ao continente americano.

Tras un mes de funcionamento, a canle pública galega deixará de emitir en marzo na definición estándar (SD) para ofrecer os seus contidos exclusivamente en alta definición.

Para máis información chama ao 981 540 737 ou ao 981 540 671 de luns a venres entre as 8:00 e as 22:00 e deixa o teu nome e teléfono de contacto.  

Datos de sintonización

ASTRA 1 L 19,2 graos ESTE TP12

Banda de frecuencia Banda Ku

Polarización de baixada Vertical Transpondedor TP 12

Frecuencia Downlink 11.377 Mhz

Estándar de transmisión DVB-S2

Velocidade binaria 22.000Msps

Norma de codificación MPEG-4

Modulación 8-PSK

Factor de roll-off 0,25

Encriptado Sin encriptar

Canles de televisión TVG Europa

Canels de radio Radio Galega e Radio Galega Música 

TVG EUROPA HD

PID VÍDEO 1051

PID DE AUDIO 1052 

PID Teletexto 1055 

PID PMT 1150 

PCR PID 1051 

SERVICE ID 6385

 RADIO GALEGA

PID AUDIO 1062

PID PMT 1160

PID PCR 1062

SERVICE ID 6386

RADIO GALEGA MÚSICA

PID AUDIO 1072

PID PMT 1170

PID PCR 1072

SERVICE ID 6387